TOBARIX iniciou a súa andadura no ano 1950, estando situado nos seus comenzos, na rúa Doutor Castro nº 17, no mesmo centro de Lugo. Era unha das tendas da rede de D. Herminio Puertas Díaz, o cal tiña comercios por toda a comunidade galega, estando a central naqueles tempos situada en Vigo.


Naquela época, o seu nóme era TOBARIS, e tratábase dun bazar adicado ao máis diverso surtido de artigos de agasallo, bisutería, xoguetes e recordos, que facían as delicias de veciños e visitantes da nosa cidade, constituíndo xa daquela, todo un referente no sector.

No ano 1996 fallece o titular e pasa a facerse cargo da tenda de Lugo o pai do actual titular, D. José Luís Figueiras Ferreiro, que ata esta data era o encargado da mesma, xunto co seu fillo: D. Jose Luís Figueiras Rodríguez, o cal é o actual titular. Desta época data o cambio na denominación do establecemento, pasando a chamarse TOBARIX como na actualidade.

O establecemento manten a esencia dos comenzos e os primeiros, mantén o tipo de artigos que comercializaba nos seus inicios, pero pasando pouco a pouco a vender un produto máis especializado, centrándose máis nos artigos de xoguetería, os relacionados co ocio e os “hobbys”, e sen deixar de comercializar todo tipo de artigos variados típicos dun bazar, tales como “cortauñas”, “peines”, “camisetas”, “souvenirs” etc.

Dado o éxito e o auge deste artigos de “ocio” e de “hobby”, no ano 2003, procédese a apertura dun novo establecemento denominado CAPICUA, sito na Praza Maior de Lugo. Este novo establecemento, adícase fundamentalmente á venta de artigos de “hobby”, e sobretodo de “slot”, así como a artigos de agasallo, e camisetas orixinais e divertidas, cunha gran demanda nestes momentos.

No ano 2006, cámbiase de ubicación CAPICUA, abríndose unha nova tenda especializada na rúa Montero Ríos de Lugo, 5, adicándose xa de xeito especializado aos artigos de hobby en xeral, así como artigos de modelismo, maquetismo, aeromodelismo, slot e xoguetería. Nesta época como parte da nosa actividade comercial, a efectos de promocionar e incentivar as ventas, móntanse pistas de slot para o público e realízanse diferentes eventos relacionados con este tema, como campeonatos galegos e provinciais de slot, cun gran éxito entre o público.

Xa data desta época a nosa primeira incursión nas novas tecnoloxías aplicadas a actividade comercial, mediante a creación da páxina web www.capicua.info, de xeito que podamos así atender a demanda dos nosos clientes por toda a xeografía, a través da utilización dos novos métodos de venta que impón o mercado coa irrupción masiva das novas tecnoloxías.

No ano 2008, a tenda física de CAPICUA, que nestes momentos estaba reconvertida en tenda de roupa, camisetas e agasallos (por mor do gran éxito destes productos), cambia a súa ubicación novamente, trasladándose á rúa San Pedro de Lugo, e pasando a chamarse CEPECE, adicándose ao textil exclusivamente.

Debido aos efectos da crise económica destes anos, finalmente o titular de todas estas tendas, decide deixar a firma CEPECE en mans do encargado da mesma, que sigue loitando a día de hoxe por saír adiante ao frente deste establecemento, e manter TOBARIX e CAPICUA.

Pasan varios anos e no ano 2016, tómase a decisión de reestructurar a empresa a fin de poder seguir adiante, xa que as graves consecuencias derivadas da crise económica, así como a competitividade feroz das grandes superficies e doutros formatos de venta, fai necesaria esta reestructuración da empresa concentrando ambos establecementos nun unico comercio que responde ao nome actual de TOBARIX, e que se sitúa na rúa Progreso de Lugo, 5-11, lugar no que se atopa na actualidade.

Ademáis da creación da páxina web propia, que constitúe un importante escaparate da tenda para darse a coñecer, así como un importante medio publicitario e promocional, que inclúe asimesmo a venta online, tamén a partir desta data do 2016, o establecemento comenzou a participar activamente nas redes sociais, como se detallará máis adiante. A participación nas mesmas deste comercio pódese comprobar que é moi activa, manténdoas permanentemente actualizadas e con información renovada e puntual para a multitude de seguidores.

No ano 2016, este establecemento tamén pasou a formar parte de plataforma colectiva de xestión www.comerciogalicia.es, xestionada pola Federación Galega de Comercio, e que inclùe tamén venta online (a través da plataforma ou pinchando no enlace que o redirixe inmediantemante a páxina web do establecemento), así como un clube de fidelizaición con descontos para clientes chamado “club comerciogalicia”.